Vaia directamente á información do produto
1 de 6

Elviria

España oculta

España oculta

Prezo regular 59,00 EUR
Prezo regular Prezo da oferta 59,00 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos. Os gastos de envío calcúlanse na compra.

García Rodero (Puertollano, 1949), Premio Nacional de Fotografía en 1996, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2005 e Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo en 2014, Doutora Honoris causa pola UCLM en 2018, Premio Ortega y Gasset de Xornalismo á traxectoria profesional en 2024, entre moitas outras distincións, é un referente indiscutíbel na fotografía contemporánea.

Dende os seus inicios, percorreu milleiros de quilómetros polo mundo nunha busca constante do comportamento humano. Durante 15 anos percorreu as vilas de España co fin de documentar e dar a coñecer as festas, cerimonias, ritos, tradicións e formas de vida. Froito dese traballo foi a serie de fotografías recollidas en España oculta (1989), un libro que fixou o rostro e o espírito dun momento moi especial do país e que se converteu nun fito fundamental na historia da fotografía en España: «Tentei fotografar a alma misteriosa, verdadeira e máxica da España popular, con paixón, amor, humor, tenrura, rabia e dor, con verdade; os momentos máis intensos e cheos de vida duns seres tan sinxelos como irresistíbeis, con toda a súa forza interior, nun desafío persoal que me deu forza e comprensión e no que puxen o meu corazón».

Ver todos os detalles